Lousame queda sen crematorio no termo municipal

15 Outubro 2020

O goberno local de Lousame someteu á consideración do Pleno Municipal, na sesión celebrada o día 31 de xullo do presente ano, a aprobación inicial da modificación puntual número un do PXOM.
O obxectivo de dita modificación puntual non era outro, en palabras do
goberno local que, o de adecuar as determinacións do Plan Xeral, en vigor
desde o 29 de decembro de 2004, ás reformas lexislativas producidas nos
últimos anos: nomeadamente á Lei do Solo de Galiza e ao seu Regulamento
do ano 2016. Ao mesmo tempo que intentar pulir todos aqueles aspectos da
norma municipal que se manifestaron inconcretos ou innecesarios á realidade urbanística do termo municipal, ao longo de todos estes anos.
Baixo estas premisas o BNG votou afirmativamente a aprobación inicial, sen saber que o contido da modificación puntual, agochaba tamén, a pretensión de excluír dos “usos prohibidos” nos núcleos rurais non consolidados a posibilidade da instalación de crematorios. Dicimos que se agochou, porque tanto na comisión informativa correspondente, como na especial, mantida cos técnicos municipais, omitiuse tal pretensión.
Somos sabedores da existencia dunha chea de alegacións formuladas por
veciños opóndose a tal posibilidade, así como da posición da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo que manifesta que a instalación dun crematorio no tipo de solo onde se pretendía materializar, non é posible.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.