O pallaso Píter animou a mañá da segunda xornada das Festas de Verán de Ribeira

01 Agosto 2019

20190801. O actor Luis Iglesia ofreceu na noite de onte o pregón inaugural desde o balcón do Consistorio cunha intervención na que non faltaron alusións á súa relación con Ribeira, sendo un habitual das programacións da Mostra de Teatro, e a súa particular admiración por algúns dos veciños desta localidade, tales coma Andrés Torres Queiruga, Xosé Ramón Barreiro, Quico Cadaval, Toñito de Poi, Ana Peleteiro, os futbolistas Suco I, Suco II, Fran e José Ramón ou o finado intérprete Tuto Vázquez.

Na mañá de hoxe, a actuación infantil do pallaso Píter divertiu aos cativos congregados na praza do Concello, logo de que o día comezase coas 21 bombas de palenque e as dianas e alboradas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.