Fran Sieira recala nas Festas de Verán ribeirenses co seu espectáculo ‘Entre Soños’

01 Agosto 2019

20190801. Continúan os festexos en Ribeira. O día de hoxe comezou, ás 09.30 horas, con 21 bombas de palenque para dar paso, ás 11.00 horas, ás dianas e alboradas que percorren os emprazamentos ao son das gaitas. Ás 12.00 horas, a praza do Concello volverá a ser escenario dun novo espectáculo. Desta vez, tócalle a quenda ao pallaso Píter.

Xa pola noite é o momento da verbena. O Malecón acollerá, ás 22.30 horas, a actuación da orquestra Tango, co seu segundo pase previsto para as 01.00 horas. Ademais, destaca o espectáculo de danza da compañía de Fran Sieira titulado Entre Soños, o cal terá lugar na praza de España, ás 23.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.