O BNG leva ao Parlamento o problema da seguridade da estrada AC-550 ao seu paso por Noia

02 Outubro 2020
Recollida de sinaturas nas parroquias afectadas pola inseguridade viaria

O Bloque Nacionalista Galego vén de levar ao Parlamento de Galicia a mellora da seguridade viaria AC-550 ao seu paso por Noia. Segundo informa o grupo nacionalista, a estrada soporta cada día un elevado fluxo de tráfico, unha tónica que se repite todas as xornadas do ano pero que se agrava nos meses de verán por mor das persoas que visitan o concello de Noia e das que usan o viario para visitar outras vilas próximas, como Portosín ou Porto do Son. O BNG sostén que “no caso da parroquia de Boa, ao sur do municipio de Noia, os veciños e veciñas levan máis de 25 anos denunciando a inseguridade viaria e a falla de pasos de peóns que non existen ao longo de toda a parroquia e que lles impide cruzar a estrada de xeito seguro”.

No caso dos lugares de Orro, Vilanova e Eiroa, no outro extremo do concello de Noia, “o problema é moi similar”, engaden os nacionalistas, que recordan que a inseguridade é aínda maior pola presenza de nenos e nenas que teñen que cruzar a estrada para ir aos seus centros de ensino.

Para os nacionalistas, “a estrada supón a quebra en dúas partes dos núcleos de poboación citados” e “opinan que as solucións deben ser inmediatas, ben sexa a través do pintado de pasos de peóns ou ben sexa en forma de pasos voados”. Piden, ademais, unha redución efectiva da velocidade de tránsito rodado polos núcleos nomeados e a sinalización axeitada dos pasos de peóns que existen en outras zonas do paso da estrada polo municipio.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.