Ribeira estuda dedicar fondos de Reactiva á subvención de motos e bicis eléctricas e a gratuidade do bus

01 Outubro 2020

A xunta de goberno local deu luz verde na súa sesión de hoxe á adhesión do Concello de Ribeira ao PEL Reactiva da Deputación Provincial da Coruña cunha aportación municipal de 224.913 euros: unha cantidade
sensiblemente superior á esixida para poder beneficiarse deste fondo
de financiamento para a reactivación económica e social da provincia,
dado que o mínimo de 92.653,78 euros requiridos (é dicir, un 20%
das achegas) viuse suplementado noutros 132.259,80 euros. A
institución provincial, pola súa parte, aporta 370.615,10 euros ata
sumar un total de 595.528,68 euros.
Xa nunha reunión celebrada a finais da pasada semana coa Asociación de Empresarios de Ribeira avanzouse por parte do alcalde Manuel Ruiz a intención de concorrer cunha contía moi importante a estes fondos, cuxos beneficiarios son os autónomos e microempresas dos concellos menores de 50.000 habitantes. No municipio ribeirense son 1.907 os potenciais beneficiarios dos case 600.000 euros da achega, dos cales 1.640 teñen entre 0 e 2 asalariados; 191, de 3 a 5; e 76, de 6 a 9.
Redución da pegada de carbono
Por outra parte, e tal e como adiantou tamén o alcalde na devandita
reunión co colectivo empresarial (igualmente foi transmitido aos
voceiros dos grupos), o Concello pretende dedicar fondos do Plan
Reactiva Ribeira a incentivar o fomento de modelos de transporte
urbano alternativos ao vehículo a motor particular, reducindo deste
xeito a pegada de carbono.
Dúas son as liñas nas que se está a traballar dende o Executivo:

 Por unha banda, subvencionar a adquisición de motocicletas e
bicicletas eléctricas e bicicletas convencionais por parte da cidadanía, especialmente para achegarse a certos destinos como poden ser o polígono industrial de Xarás —o que serviría ademais para desconxestionar o tráfico deste centro de operacións— ou os institutos e o Centro Integrado de
Formación Profesional de Coroso (cómpre lembrar a este respecto que acaban de comezar as obras nas Carolinas que completarán a habilitación de carril bici por toda a fachada marítima da cidade).
 Por outra, bonificar o transporte municipal en autobús coa pretensión de que sexa absolutamente gratuíto para toda a veciñanza empadroada en Ribeira. No caso de que non fose financeiramente posible, aspírase cando menos á gratuidade do bus para determinados colectivos como persoas xubiladas e menores de idade.
Ordenadores para escolares
Por último, cómpre informar de que tras a pertinente publicación do
anuncio no BOP de onte, hoxe xoves abriu o prazo para presentar
solicitudes ao programa Innova-Formación, que forma parte do Plan Reactiva Ribeira e está destinado a subvencionar a adquisición de equipos informáticos por familias con alumnado en centros docentes públicos e concertados do municipio.
Destínanse un total de 60.000 euros con dúas liñas de achegas, unha xenérica en función duns baremos e outra específica para afectados polo covid-19. Os equipos (ordenadores de sobremesa e portátiles) deberán adquirirse en establecementos do comercio local que tamén deberán adherirse ao programa.
Tanto no caso das familias beneficiarias como dos establecementos colaboradores, o prazo para formular as súas solicitudes é de 15 días hábiles (ata o 22 de outubro). Máis información na páxina web www.ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.