O programa Boiro Emprega acadou unha taxa de inserción laboral do 52%

29 Setembro 2020

O Concello de Boiro fixo balance da actividade xerada polo seu programa destinado a mellorar as posibilidades da cidadanía para atopar un posto de traballo. Trátase do programa Boiro Emprega, que, segundo informa o Goberno local, acadou até o de agora unha porcentaxe de inserción do 52%, sendo o sector da industria conserveira o que aglutina a maior parte das contratacións.

No programa, engade o Concello, participan 100 persoas desempregadas, realizando un plan formativo e de orientación laboral en función dos seus intereses. A aprendizaxe realizada ata o momento consistiu en obter os coñecementos e competencias transversais para a procura de emprego, como son o carné de manipulador de alimentos, o manexo de carretillas elevadoras, a prevención de riscos laborais, así como competencias dixitais básicas como marketing dixital, entre outros.

O último curso que concluíu foi o de carretillas elevadoras, que os participantes suman á formación de envasado en cadea e básico empregado de produción, o que achega ao alumnado “unha capacitación profesional completa para incorporarse á industria conserveira, de conxelados e precociñados, almacéns de frío, grandes distribuidores…”, explica o Concello de Boiro, lembrando que esta semana comeza a actividade formativa Certificado de Profesionalidade de Operacións Básicas de Cociña, que vai ter unha duración total de 350 horas e que inclúe prácticas en empresas da comarca.

Como dixemos, o obxectivo de Boiro Emprega é a formación para o emprego e fomentar a inserción laboral nos principais sectores produtivos da comarca para promover a contratación local.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.