Ribeira salva o Auditorio no Pleno cos votos de PP e Psoe

28 Setembro 2020

O executivo popular ribeirense salvou co apoio dos dous edís socialistas, o proxecto do Auditorio. Os socialistas sacaron o compromiso do rexedor de dimitir se a achega das arcas municipais para a construción do inmoble supera unha cifra que rolda a cantidade prevista de 1.250.000 euros.

Manolo Ruiz dixo que «Se se supera ese 85 % dos fondos que xa aprobáron en novembro, eu deixo ou meu cargo. Para este pobo é máis importante un auditorio que ou meu futuro político». A votación saleu cos 11 votos a favor de PP e PSOE, e os 10 en contra que sumaron BNG, Suma Ribeira e PBBI.

Estas formacións opuxeronse o plan do executivo de elaborar un novo expediente de licitación. A edila Herminia Pouso encargouse de defender a postura do seu grupo, salientando os erros cometidos nun proxecto que comezou cun orzamento 2,5 millóns e que superará os 4. A tenente de alcalde Mariola Sampedro recoñeceu que se equivocaron o creer que se podía facer un auditorio para Ribeira por 2,5 millóns de euros e defendeu a necesidade de que a localidade conte coa instalación.
Co BNG en contra e Suma Ribeira defendendo que a empresa que elaborou o deseño da instalación non é de fiar.

O alcalde Manuel Ruiz non dubidou en lanzar un último reto. Se o custo do auditorio se dispara cos fondos municipais, el deixar á o cargo e comprometeuse a buscar os cartos necesarios para non sobrepasar a cantidade acordada.

O pleno abordo outros temas na orde do día e pódese ver no seguinte enlace:

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.