Ribeira oferta seis escolas deportivas municipais para este inverno

23 Setembro 2020
>Presentación das escolas deportivas municipais para este inverno. Ribeira. C

Pese aos condicionantes imposto polo covid-19 o Concello de Ribeira vai
ofertar a celebración de escolas deportivas municipais en seis
especialidades para esta tempada de inverno 2020-2021, e nas que se adoptarán por suposto cantas medidas sexan necesarias para cumprir a normativa vixente en materia de prevención.
Tales especialidades son atletismo, fitness, patinaxe, pádel, tenis e duatlón, segundo explicou a concelleira de Deportes, Juana Brión, durante a presentación ofrecida esta mañá na casa consistorial ribeirense.,
Así, dende o vindeiro luns 28 de setembro ata o 2 de outubro as persoas que participaron nas Escolas Deportivas de Inverno na campaña anterior (2019/2020), poderán renovar a súa participación para a presente campaña. A renovación poderase facer presentando o formulario de renovación en:
• Presencialmente nas oficinas de atención cidadá do Concello
(atención ao público de 9.30 h. a 13.30 h.).
• De maneira telemática en https://ventanilla.riveira.es/
(PORTELO DIXITAL), no apartado de TRAMITES EN LIÑA –
SERVIZO DE DEPORTES – ESCOLAS DEPORTIVAS DE
INVERNO 2020/2021 (necesario certificado dixital ou dni
electrónico).
Novas matrículas
Do 13 ao 16 de outubro, as persoas que cumpran os requisitos establecidos poderán matricularse das seguintes maneiras:
• Presencialmente nas oficinas de atención cidadá do Concello (atención ao público de 9.30 h. a 13.30 h.).
• De maneira telemática en https://ventanilla.riveira.es/
(PORTELO DIXITAL), no apartado de TRAMITES EN LIÑA –
SERVIZO DE DEPORTES – ESCOLAS DEPORTIVAS DE
INVERNO 2020/2021 (necesario certificado dixital ou dni electrónico).

Pódense solicitar a inscrición en varias actividades distintas, incluso en varios horarios da mesma actividade, pero neste último caso indicando a orde de preferencia. Calquera dúbida/información referente as inscricións solucionaranse na oficina de deportes do complexo deportivo A Fieiteira (981 873646; deportes@ribeira.gal).
Listaxes
A exposición de listaxes provisionais terá lugar o 19 de outubro. Se houbese máis solicitudes que prazas dispoñibles nalgún dos cursos, terán preferencia as persoas empadroadas no concello de Ribeira (consultarase o censo municipal) e de persistir a mesma situación, realizarase un sorteo público (o día 20 de outubro, ás 12 horas no salón de plenos municipal).
O 21 de outubro publicaranse as listaxes definitivas na web municipal.
Unha vez rematados os prazos e de quedar prazas libres, poderase seguir anotando xente ata que se esgoten as mesmas, estas anotacións faranse de maneira presencial na oficina de deportes do concello de Ribeira (Complexo Deportivo A Fieiteira).
Calquera dúbida/información referente as inscricións solucionaranse na oficina de deportes do complexo deportivo A Fieiteira (981 873646;
deportes@ribeira.gal).

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.