Noia entregará as axudas para o servizo de comedor e a compra de libros e material didáctico a máis de 400 beneficiarios

22 Setembro 2020

O Concello de Noia entregará as máis de 400 axudas para a adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de
comedor escolar para alumnos e alumnas de educación infantil e primaria durante o curso académico 2020-2021. Unhas bolsas para as que o Concello destina unha partida de 38.500 euros.
Para axilizar a entrega das axudas, que en todo caso deberán ser recollidas pola persoa solicitante da mesma, o Concello de Noia habilitará un servizo de entrega no salón de plenos durante os días 24, 25 e 28 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Para evitar aglomeracións, o xoves 24 están chamados as persoas solicitantes cuxo fillo ou filla teña o primeiro apelido entre o “A” e o “F” (incluídos). O venres 25 será a quenda do “G” ao “O” e
o luns 28 do “P” ao “Z”.
Para aquelas persoas que non poidan acudir na data que lles corresponde, o Concello de Noia habilitará un servizo de cita previa a partir da próxima semana. Para poder acceder a estas axudas é preciso que todos os membros da unidade familiar estean empadroados no Concello de Noia cun mínimo de 6 meses de antigüidade, ter algún fillo/a matriculado nun curso de
educación infantil ou primaria nun centro público ou concertado no termo municipal noiés para o curso 2020-2021 e non superar os ingresos brutos per cápita da unidade familiar o salario mínimo interprofesional (10.302,60 euros/ano).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.