En Noia a adhesión ao PEL Reactiva demandado polos grupos do PSdG e BNG, irá o Pleno do Xoves 24

21 Setembro 2020
Rúa Comercio, Noia

Na Comisión Informativa celebrada este Luns 21 de Setembro, incluíuse a
proposta de crédito para atender a demanda efectuada polos grupos
municipais do PSdG-PSOE e BNG, esta será tratada no Pleno ordinario do
mes de Setembro que se celebrará o vindeiro Xoves día 24. .
Os voceiros das dúas formacións, o socialista Roberto Iglesias, e o
nacionalista Ricardo Suárez, valoran positivamente que foran atendidas as
súas demandas para dispor do crédito necesario e posteriormente, dende
o Concello de Noia, se tramite a solicitude ao PEL Reactiva.
Ambas formacións, que gobernan conxuntamente a Deputación da
Coruña, consideran que os 60.927,02 € que o Concello aportará do
remanente de tesourería, é unha cantidade que contribuirá moi
positivamente nas empresas locais que estean a verse afectadas pola
crise económica derivada da Covid-19 , xa que sumando a cantidade que
aportará a Deputación da Coruña (243.708,09 €) , constituirán un total de
304.635,12 € que as empresas locais poderán destinar a facer fronte aos
gastos derivados da pandemia.
As cantidades que poderán recibir as microempresas ou traballadores por
conta propia ou autónomos, van dende os 1.500€ aos 3.000€ dependendo
do número de traballadores ao cargo e sendo compatible con outro tipo
de axudas sempre que non se sobrepasen os 40.000€ no seu conxunto.
Agardan que esta proposta sexa aprobada no Pleno, e posteriormente
lévense a cabo os trámites precisos para que a adhesión ao PEL Reactiva
realícese dentro do prazo permitido.
Dende ambas formacións coinciden en sinalar “seguiremos traballando e
levando propostas para que dende o goberno local se acollan ás axudas
que poña en marcha a Deputación e beneficien á cidadanía de Noia”, xa
que consideran que “a Deputación está a ser a administración que mellor
está enfrontándose á realidade e o escenario actual”.

Outros artigos

Aviso en Noia dunha posíbel contaminación da auga para consumo

O Concello de Noia emitiu un comunicado no que advirte á veciñanza dun episodio de posíbel contaminación da auga para consumo doméstico que faría necesario, até novo aviso, o uso de recursos alternativos para que as familias se abastezan. Ao parecer, o episodio tería...

+

A Campaña do Día da Nai en Noia xa ten números gañadores (dez)

A patronal noiesa (Noia Histórica) resolveu os premios da súa Campaña do Día da Nai, a través da cal buscouse reivindicar o comercio local ao tempo que se quixo premiar a fidelidade da cidadanía cos establecementos do seu concello. En total, sorteáronse 10 vales de 30...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión