Noia pecha temporalmente o parque infantil do Paseo Marítimo para reparar os xogos que foron obxecto de vandalismo

20 Setembro 2020

O Concello de Noia pechará temporalmente o parque infantil do Paseo Marítimo para proceder á reparación dos xogos, que foron obxecto de actos vandálicos durante esta fin de semana. Mentres se realicen estes traballos de reparación, o parque permanecerá pechado ao público para evitar calquera risco para os nenos e nenas.

Danos parque infantil Noia

A concelleira de Parques e Xardíns, Ana Isabel García, explica que “debido ao comportamento incívico de algunha xente vémonos obrigados a pechar temporalmente o parque infantil do Paseo Marítimo, que foi obxecto dunha actuación de vandalismo puro e duro que rompeu o xogo principal, incluído o mástil do barco, que quedou tronzado”.

Neste sentido, a concelleira fai un chamamento ao respecto do mobiliario público xa que “estamos falando da segunda vez que temos que actuar nesta instalación en apenas quince días, pois a semana pasada xa tivemos que proceder a cambiar un valado que quedara destrozado” Así mesmo, García solicita a colaboración veciñal para tratar de dar co autor ou autores deste tipo de incidentes. “Somos conscientes de que non son danos polo uso das instalacións e de que as persoas que utilizan o parque o fan con respecto, pero se alguén viu algo é o momento de que o denuncie porque isto nos afecta a todos e todas. Se cada dous por tres temos que estar reparando o que é de todos e todas, non poderemos investir despois en moitas outras cousas que tamén son necesarias”, apunta a concelleira. Ademais, advirte de que “tentaremos aumentar a vixilancia na zona para tratar de dar coas persoas responsables destes actos, que merecen unha sanción exemplar”.

Danos parque infantil Noia

Mañá luns, o Concello de Noia iniciará os traballos de reparación dos danos causados, co obxectivo de que as instalacións poidan volver abrir ao público ao longo desta mesma semana. “Se manter en bo estado o noso mobiliario urbano é algo importante, no caso deste tipo de estruturas, que están deseñadas para o xogo dos nosos nenos e nenas, isto se volve nunha prioridade. Mentres duren as reparacións, o parque estará pechado para evitar calquera incidencia”, apunta a concelleira de Parques e Xardíns.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.