Barbantia, Galaxia e La Voz presentarán en Noia Silencio, a nova novela de Agustín Agra

18 Setembro 2020

A Asociación Cultural Barbantia, a editorial Galaxia, La Voz de Galicia e o Concello de Noia van presentar o vindeiro 25 de setembro a novela Silencio, do escritor local Agustín Agra, que publicará a editorial Galaxia. A cita será no Teatro Coliseo Noela, a partir das 20.30 horas.

Canda o autor participarán María Xesús Blanco (vicepresidenta da A. C. Barbantia), Antonio Piñeiro (A. C. Barbantia) e o músico Pablo Sax. Debido á redución de aforo polas medidas preventivas contra o COVID-19, compre reservar localidades en pastor@barbantia.es. As entidades organizadoras do evento lembran quen é preciso acudir con máscara de protección.

Agustín Agra Barreiro, nado en Noia o 12 de setembro de 1966, é escritor e profesor de Bioloxía no IES A Cachada de Boiro. Comezou a escribir en 2003, publicando os seus primeiros textos nas revistas Alameda do Liceo de Noia e Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia, colaborando coa Asociación Cultural Barbantia. No xénero infantil publicou obras como O tesouro da Lagoa de Reid ‘Is, Cazaría salvaxe, A treboada de C, Trampa de luz e Cor animal. En narrativa para adultos é responsábel de O recendo das mimosas, 2009, Xerais.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.