O Concello de Boiro abre o prazo de inscrición para as clases de adultos

07 Setembro 2020

O Concello de Boiro informou da apertura do prazo de inscrición para as clases de educación de adultos que organiza a Concellería de Educación. O programa, unha nova edición dunha iniciativa de periodicidade anual, céntrase en primeiro, segundo, terceiro e cuarto de Educación Secundaria Obrigatoria. O prazo de presentación de solicitudes para o curso 2020-2021 abre o luns 7 de setembro e pode facerse a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro.

Estas ensinanzas están destinadas a maiores de 18 anos que non posúen o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Entre os obxectivos específicos destas aulas están os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional e, en palabras do Concello, “atesourar novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral”.

Toda a información da educación para persoas adultas pode conseguirse na Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro, chamando ao teléfono 981 84 84 25 ou no enderezo electrónico educacion@boiro.gal. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 7 e 25 de setembro e pode facerse a través da Sede Electrónica ou do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, descargando o formulario de solicitude na web do Concello de Boiro.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.