Fondo pesar pola morte do historiador José Antonio Durán vinculado á comarca,

29 Agosto 2020

O historiador pontevedrés José Antonio Durán faleceu este sábado os 79 anos. Nado en Requejo de Sanabria na provincia de Zamora, dedicou a súa vida á investigación e a escritura. José Antonio Durán escribiu “O primeiro Castelao” en 1972, título tomado do primeiro artigo de loa feito o insigne rianxeiro polo seu amigo Manuel Lustres Rivas.

Durán foi un estudoso do movemento agrario en Galicia de principios do século XX e un experto en figuras como Basilio Álvarez, Portela Valladares, Castelao ou Manuel Murguía .O pai do escritor era da capital pontevedresa e casou cunha veciña da parroquia rianxeira de Asados, lugar ao que acudía todos os veráns a pasar as vacacións. A súa relación coa vila de Castelao foi moi intensa. José Antonio Durán será incinerado na máis estrita intimidade. Descanse en Paz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.