A Pobra recibe aos participantes na travesía marítimo-xacobea Sail the Way

28 Agosto 2020

Unha vintena de participantes na travesía Sail the Way, iniciativa impulsada por North Marinas, elixiron A Pobra do Caramiñal como unha das súas paradas dentro do itinerario marítimo con saída de Hondarribia, un percorrido marítimo que reivindica un xeito alternativo de facer o Camiño de Santiago, desta volta a vela e facendo recaladas en diversos portos da costa cantábrica a atlántica. Para recibir aos participantes na aventura, o Concello, a través da Concellaría do Turismo, programou para o día de onte, xoves 27, unha serie de actividades co obxectivo de mostrarlles recursos do municipio e que gozasen do tempo en terra.

A tripulación, a maioría de nacionalidade española e francesa, chegou á localidade pasadas as 15.30 horas e dirixiuse a xantar ao restaurante do Náutico para, posteriormente, emprender un itinerario pola vila da man da técnica de turismo, Ángeles Tubío, e visitar enclaves como as igrexas de Santiago do Deán e Santa María a Antiga do Caramiñal ou Villa Eugenia. Ademais, facilitouse toda a explicación en castelán e francés. A ruta rematou no Museo Valle-Inclán, onde os viaxeiros foron conducidos polo director da entidade, Antonio González Millán, para coñecer o inmóbel e a mostra que alberga este verán.

Un algo máis tarde, a tripulación foi recibida polo alcalde Xosé Lois Piñeiro e a concelleira do Turismo, Charo Varela. A continuación, procedeuse cun showcooking e unha degustación de pratos elaborados con produto local, facendo especial fincapé naqueles que proveñen do mar, a cargo de Kike Piñeiro e Eloy Cancela (A Horta do Obradoiro). A Concellaría dos Servizos Municipais foi a encargada de xestiona-la loxística deste último evento, para o cal se contou coa cociña portátil municipal. Tamén houbo unha intérprete para a lingua francesa.

O Concello lembra que os actos concluíron coa entrega dunha bolsa de agasallos para as persoas asistentes (guía turística, folletos, máscara, postais, etcétera) e a estampaxe do selo do Concello nas credenciais das e dos peregrinos. Pola súa parte, o rexedor e a edil recibiron un presente da man de North Marinas.

A tripulación de Sail the Way chegará a Santiago de Compostela este sábado despois de percorrer ao redor de 100 millas náuticas. Realizará a pé o último tramo do Camiño e a misa do peregrino servirá de colofón.

O Concello recordou tamén que tódalas actividades se realizaron seguindo as medidas sanitarias establecidas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.