“As lagarteiras”. Antón Luaces

27 Agosto 2020

Xa non se fala delas. Pero haber, háinas. E para que existan, han producirse ciclos naturais que deriven nunha aliñazón determinada da Lúa, O Sol e a Terra. A Lúa desempeña un papel determinante e para que o exerza debidamente ha estar en lúa chea, como o estará o vindeiro 2  de setembro. Será este un dos días que no ano a marea medrará un mínimo de catro metros. Será, daquela unha “lagarteira”.
Dous amigos: Valentín Galcerán Laxe e Isidro Meijido debatían días pasados sobre as particularidades das lagarteiras nas redes sociais. E outro amigo, este residente en Portosín, sacóume de dúbidas ao me falar do ciclo natural -baixamar e pleamar- segundo a marea estea no seu punto límite de baixa ou de alta. Un ciclo natural o das mareas no que a Lúa decide. Normalmente, fáino no mes de agosto, pero tamén se da ciscunstancialmente no de setembro, algo que con toda probabilidade e malia o retraso que a Lúa trae desta vez, vai darse a escasos días do comezo do outono. As lagarteiras van ser, polo tanto, nova en menos dunha semana.
Como corpos que teñen masa -e a Lúa e a Terra téñena- atráense. Que non colidiran entre sí débese á altísima velocidade á que se moven e, malia esta, mantéñense en equilibrio -declaraba a un xornal de ámbito galego o astrónomo Borja Tosar-. A atracción que exerce nas mareas o satélite da Terra non ofrece dúbidas. A Lúa ten forza. Moita. Por isto, ao tardar 24 horas en dar cada volta, o movemenrto da marea oceánica vai mudando e orixina as mareas diarias. 
En función da posición dos astros, a forza de gravidade mesmo pode aumentar e xerar que a auga suba e baixe -pleamar e baixamar- con maior percorrido. Velaí as lagarteiras: Ó estaren aliñados Lúa, Sol e Terra, a influencia da Lúa sumaráse á do astro rei (o Sol), o que fai cas súas mareas  sexan más fortes ou vivas.   Durante os equinoccios de primavera e outono, o aliñamento dos tres corpos ou obxectos é case perfecto. É dicir, considérase que están no mesmo plano. É cando a forza da Lúa e a do Sol é máxima,  polo cas marea perto dos equinoccios son as máis intensas de todo o ano. Son as comentadas lagarteiras, mareas que, como dicía aneteriormente, permiten que a auga suba (ascenda) máis de catro metros.
O por que o nome de lagarteiras, descoñezo se ten que ver con algunha excepcionalidade no quefacer dos lagartos.

Outros artigos

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.