R incrementa o número de fogares e empresas de Noia que contan con acceso á súa fibra

26 Agosto 2020

A operadora R vén de incrementar a cantidade fogares e negocios de Noia con posibilidade de a conectarse á súa fibra óptica FTTH. Os núcleos de Couto de Arriba, Xilvir, A Loxe, Manle e O Pirillueiro, no termo municipal coruñés, xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 500 Mbps e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R. O despregue destes equipamentos levouse a cabo “aproveitando ao máximo as infraestruturas destes lugares”.

Deste xeito, arredor de 151 novos fogares e negocios das ditas localizacións quedaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, Internet de ata 500 Mbps simétricos e televisión dixital multicanle de R. A esta cantidade sumaránselle outros 725 inmóbeis que se incorporarán en datas vindeiras (200 deles xa ao peche de agosto).

O operador galego leva anos investindo no fornecemento de rede en Noia, onde a día de hoxe xa dispoñen da cobertura das redes de nova xeración de R un total de 6.421 fogares e empresas deste municipio da provincia de Pontevedra.

Estas e outras actuacións na provincia da Coruña forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar, antes de 2021, a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñan de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, o despregamento en Noia encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destinarase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€. Un segundo proxecto fala igualmente do despregamento de banda larga de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. O terceiro dos proxectos adxudicados desenvolverase en 196 núcleos doutros municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). A cobertura nestas zonas suporá un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.