A Deputación financiará a contratación de 238 persoas na provincia

24 Agosto 2020

A Deputación da Coruña segue a apostar polo emprego, unha cuestión de gran importancia per se que se volve crucial ante adversidades como a que estamos a vivir. En concreto, a institución provincial vai financiar a contratación de 238 persoas a través das axudas do Plan de Emprego Local (PEL-PEMES). Con este fin, destínanse preto de 3 millóns de euros para sufragar novas contratacións e o mantemento das indefinidas realizadas ao abeiro da convocatoria anterior. As axudas van destinadas a persoas, pemes e microempresas con domicilio fiscal en concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Estas subvencións veñen en dous formatos: o programa PEL PEMES Creación e Ampliación e PEL PEMES Mantemento.

PEL PEMES Creación e Ampliación do cadro de persoal

Un total de 182 autónomos, autónomas, microempresas e pemes de concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia levarán a cabo novas contratacións de persoal inscrito como demandante de emprego nos Servizos Públicos de Emprego grazas a que as axudas do PEL-PEMES financiarán o 70% dos custes do primeiro ano da contratación, incluíndo os gastos de soldos e salarios e Seguridade Social, impulsando así a actividade empresarial das zonas con menor poboación da provincia e apoiándoas “en momentos difíciles na creación de emprego”, explicou a Deputación, engadidno que “máis da metade, concretamente o 54,4%, das contratacións serán realizadas con carácter indefinido”.

Atendendo á tipoloxía de negocio, a meirande parte das entidades beneficiarias son microempresas (empresas con 10 ou menos traballadores/as), representando máis da metade do total, mentres que os autónomos e autónomas supoñen arredor do 40%. A parte restante, é dicir, menos do 10% corresponde a pequenas e medianas empresas.

As empresas deberán dedicar a subvención a contratacións de duración igual ou superior a un ano.

PEL PEMES Mantemento do cadro de persoal

Por outra banda, as axudas do PEL PEMES Mantemento diríxense a incentivar “o emprego estábel e de calidade”, subvencionando o segundo ano de contrato das persoas traballadoras contratadas ao abeiro da convocatoria de PEL PEMES Creación e Ampliación 2019 na modalidade de contrato indefinido.

Grazas a concesión destas axudas un total de 56 profesionais autónomos e autónomas, microempresas e pemes de concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia recibirán unha subvención do 50% dos custes laborais, incluíndo os custes de soldos e salarios e seguridade social, das persoas traballadoras contratadas con carácter indefinido en 2019.

Atendendo á distribución das axudas concedidas por concellos destacan Curtis, con 6 axudas por importe de 56.000,00 €; Boiro, con 4 axudas por importe de 36.499,00 €; Mazaricos, con 3 axudas por importe de 28.000,00 € e Santa Comba, con 3 axudas por importe de 29.000,00 €.

En canto a tipoloxía do negocio das entidades beneficiarias, a meirande parte son microempresas, supoñendo un 55% do total, seguidas de profesionais autónomos/as, cun 39% do total. A porcentaxe restante, é dicir, o 6% corresponde a pequenas e medianas empresas.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.