O Autocine Lúa Chea do Barbanza chega ao seu remate esta finde na Pobra

21 Agosto 2020

Este venres 21 de agosto e maña sábado 22 será a derradeira oportunidade para asistir as proxeccións de cinema no marco do Autocine Lúa Chea do Barbanza que se está a desenvolver desde o pasado mes de xullo da man dos Concellos de Arousa-Barbanza: Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo. Desta volta, a experiencia cinematográfica ao aire libre chega á Pobra do Caramiña.

Este venres os filmes proxectados serán ás 20:30 Pérez, o ratiño dos teus soños dentro da categoría de cinema familiar e ás 23:30 é a quenda de Érase unha vez en Hollywood na categoría de cinema actual. O sábado temos a oportunidade de asistir ao filme galego O que arde, dirixido por Óliver Laxe, e ás 23:30 Bohemian Rapsody para o que xa están esgotadas as entradas.

O Autocine Lúa Chea do Barbanza terá lugar na explanada portuaria do aparcadoiro en A Pobra do Caramiñal. As inscricións pódense realizar na web de Barbanza-Arousa de balde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.