Por cuarto verán consecutivo, pacientes do Servizo de Drogodependencias de Ribeira que son alumnos do seu taller de carpintería viaxarán a
Sálvora e realizarán traballos en beneficio da comunidade.
Así, se nas anteriores edicións encargáronse da restauración dunha dorna, unha embarcación auxiliar e unha dorna situadas no pazo da illa, nesta ocasión incidirán na mellora da sinalética do enclave a través da construción con madeira tallada de 30 carteis cos seus correspondentes pivotes que serán instalados en camiños, sendeiros e areais.
Así mesmo, substituirán a deteriorada escaleira de pedra conducente á praia do Almacén por outra feita en madeira, incluído os pasamáns.
A viaxe dos usuarios da UAD comprenderá entre o martes 25 de agosto e o martes 1 de setembro. Por condicionantes covid serán seis alumnos que se despracen —menos que en edicións anteriores— acompañados do seu profesor Manuel Casais.
Ademais, como novidade, os alimentos con que se nutrirán durante a súa estancia en Sálvora vai estar cociñada polo alumnado do obradoiro O Pote.
María Sampedro presenta as IV Xornadas “Muller e Saúde”centradas na nutrición e o benestar feminino
O Concello de Ribeira organiza as IV Xornadas “Muller e Saúde”, que desta volta desenvolverase baixo o epígrafe Nutrición e saúde das mulleres. A iniciativa ten como obxectivo promover hábitos alimentarios beneficiosos para a saúde e achegar información e ferramentas...



