En Rianxo a ARE e o Concello crean un directorio web e un market place para impulsar o comercio local

11 Agosto 2020

A ARE e o Concello dan un paso definitivo de cara a creación dunha plataforma online consistente nun gran directorio do sector empresarial rianxeiro e dun market place que lle permitirá ao comercio local ampliar as súas ventas chegando a un maior número de posibles clientes.
A ARE e o Concello levan meses traballando nas bases deste complicado proxecto. Ademais de sondar o interese do empresariado mediante reunións con parte do mesmo, realizáronse diversas xuntanzas, algunhas delas con empresas especializadas, co obxectivo de analizar as características específicas que debe ter a ferramenta que se vai crear e de como poder desenvolver e financiar o proxecto conxuntamente. Hai que destacar que, para a realización dun proxecto deste calibre, hai que ter en conta diversas cuestións e analizar infinidade de variables, algunhas das cales xurdiron precisamente nas reunións mantidas con negocios locais.
Logo de facer unha valoración definitiva das propostas e orzamentos presentados por diversas empresas especializadas elixiuse unha coa que xa se está a traballar na realización do proxecto.
Elixido o nome, que proximamente se fará público, estase agora a traballar na imaxe e o deseño desta plataforma online para posteriormente comezar a traballar na súa construción e, de seguido, volverase a contactar co empresariado local para informalo de xeito máis concreto sobre o funcionamento da plataforma e os servizos que poderá ofrecer a través dela.
A ARE e o Concello queren lembrar que este proxecto está aberto a todos os negocios ubicados no Concello de Rianxo e que estes poderán participar nel simplemente formando parte do directorio empresarial ou tamén ofrecendo os seus produtos e servizos a través do market place. Ademais,
contratarase persoal especializado especificamente para asesorar aos negocios e axudalos no seu proceso de integración e adaptación ao market place.
A través desta plataforma tamén se poderán ofrecer servizos de recollida en tenda ou entrega a domicilio, algo moi útil para o sector da hostalería e que tamén pode ser de gran interese para o comercio de alimentación en particular e para o resto do comercio en xeral. Así mesmo, os negocios que o precisen ou queiran utilizalo, poderán ofrecer aos seus clientes a posibilidade de solicitar cita previa desde a propia plataforma, algo que pode ser de gran utilidade para perruquerías, clínicas dentais, xestorías e talleres entre moitos outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.