Carlos Callón presenta Inscricións na Romaría dos Libros de Compostela

23 Xullo 2019

20190723 Este 25 de xullo vaise celebrar en Santiago, na praza de Mazarelos a partir das 12.00 horas (até as 21.00), a Romaría dos Libros de Verán, organizada por Compostela Literaria en colaboración co Concello. Farán acto de presenza unha manchea de editoriais, librarías, escritoras e escritores, todas berrando de maneira simultánea o mesmo lema nas súas diferentes e complementarias variantes: os libros fannos mellores. Por alí, entre outros, pasará o ribeirense Carlos Callón, presentando a súa obra Inscricións acompañado de Serxio Abalo e JMDopazo. Será ao fío das 18.30 horas. A actividade compleméntase coa lectura dos poemas de Inscricións no Diario Cultural da Radio Galega ao longo de toda a semana.

Inscricións, por certo, foi publicado este ano por Galaxia.

Amais de poeta e ensaísta, Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Espanhol de Lisboa. Doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués. É presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística. Publicou varios ensaios e o poemario Atravesar o fantasma (2014), seleccionado entre os mellores libros de poesía do decenio 2007-2016 no Premio Mondoñedo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.