Os concellos do Xeodestino Ría de Muros e Noia distribúen máscaras que certifican a seguridade turística da contorna

24 Xullo 2020

Presentación das máscaras nunha imaxe de El Correo Gallego

O alcalde do Concello de Noia, Santiago Freire Abeijón, e a presidenta do Xeodestino Ría de Muros e Noia, Teresa Villaverde, reuníronse estes días para certificar a calidade turística da contorna e o altamente capacitados que están os seus establecementos para achegar a máxima protección aos viaxeiros e visitantes fronte á COVID. Amais, presentaron unhas novas máscaras coa lenda Ría de Muros Noia, Destino #Seguro, coas que poñen o colofón ao labor de asesoramento e fornecemento de elementos de sinalización a máis de 130 establecementos do xeodestino, integrado por cinco termos municipais.

As máscaras, que xa están a disposición dos visitantes nas oficinas de turismo da contorna (e nos museos e centros de interpretación), representan a resposta positiva e decidida da Ría de Muros e Noia e o seu sector hostaleiro e turístico fronte á crise sanitaria e as súas graves consecuencias. En concreto, as máscaras pódense adquirir no punto de información das Minas de San Finx (Lousame), na Oficina de Información Turística de Muros e no Muíño do Cachón (Muros), na oficina de información do xeodestino emprazada no Casino de Noia, na Oficina de Información do Centro de Actividades Náuticas do Freixo (Outes) e na Oficina de Información do Castro de Baroña e no Museo Marea (en Porto do Son).

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.