O Ies Félix Muriel e o Concello de Rianxo figuran como socios na acción KA201 europe da UE

17 Xullo 2020

A axencia irlandesa Erasmus + da U.E. Leargas aprobou hoxe oficialmente o proxecto ”Estudos e Investigacións sobre o Cambio Climático na UE ” enmarcado na acción KA201 para a innovación educativa cun orzamento de 336.122,00 euros para o período comprendido entre setembro de 2020 e Setembro do 2023, tres cursos escolares.

O proxecto forma parte do programa oficial da Capitalidade Cultural compartida da U.E. Galway & Rijeka 2020 e posteriores 2021 Timișoara (Romanía), Elefsina (Grecia) e Novi Sad (Serbia); 2022 – Kaunas (Lituania) e Esch (Luxemburgo) e 2023 – Veszprém (Hungría).

A Comisión Europea describe oficialmente o proxecto como ” unha proposta impresionante, creativa, única, perspicaz, ambiciosa e admirable; impactando directamente a 135 estudantes e 25 profesores a nivel local nas súas escolas e familias, axencias ambientais e comunidades locais ”.

A investigación nos tres países e climas estará coordinada na República de Irlanda polo Galway Community College pertencente ao Consello de Educación e Formación de Galway e Roscommon e a ONG ambiental Irish Wildlife Trust (IWT) e conta como socios co IES Felix Muriel, Concello de Rianxo e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) en Galicia, España, e o instituto Prva Sušačka Hrvatska Gimnazija e a ONG medioambiental Eko Kvarner en Rijeka, Croacia.

Os 135 estudantes participantes (15 por país e curso nos 3 anos do proxecto) e o panel de 25 profesores seleccionados estudarán 243 especies en perigo de extinción nos tres países seleccionadas polos tres grupos naturistas asociados e proporán unha innovadora acción correctora en cada unha delas para a súa conservación e recuperación. Xunto aos estudos semanais nas escolas, o proxecto consta de tres viaxes de investigación ao ano a Galway, Rianxo e Rijeka e será obxecto de rodaxe e seguemento polas canles de televisión pública TVG (Galicia), TG4 (Irlanda) e HRTV (Croacia) producindo un audiovisual igualmente innovador onde os estudantes formarán físicamente cos seus propios corpos os nomes das especies estudadas e gravadas con tomas aéreas feitas con drone.

Os resultados da investigación recolleranse individualmente nun ficheiro de cada unha das especies estudadas e publicaranse oficialmente ao final de cada curso nas revistas Paspallás (SGIN) en Galicia, Wildlife (IWT) en Irlanda e Prioroda (EK) en Croacia .

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.