Este sábado celébrase a manga definitiva da I Regata Ría de Arousa

17 Xullo 2020

Logo da parada deportiva motivada pola alerta sanitaria, volven os nosos veleiros a cazar vento. Este sábado 18 de xullo, sen ir máis lonxe, celebrarase a manga final (a definitiva) da primeira edición da Regata Ría de Arousa, organizada polo Club Náutico Arousa Norte, que vai poñer en práctica os máis estritos e exhaustivos protocolos de seguridade (os dispostos pola Xunta e máis pola Real Federación de Vela). A saída está prevista para as 14.00 horas, dende o porto da Pobra do Caramiñal. As embarcacións tentarán disputarse os primeiros postos da clasificación xeral nas clases ORC A, ORC B e ORC C, así como o Trofeo A Casa da Tía Elisa ao gañador global desta última etapa.

Entre os cambios levados a cabo polo comité organizador inclúense avisos a regatistas de maneira dixital por medio do TOA virtual, uso de máscara e xeles desinfectantes por parte de todos os participantes, ademais dunha entrega de trofeos sen contacto entre participantes. Ademais, no acto farase entrega dos premios aos gañadores das dúas anteriores etapas: o Trofeo A Poutada e o Trofeo Pazo de Rubianes.

Como vén sendo habitual, o comité de regatas habilitará un dispositivo de unha saída que será posíbel seguir desde moitos puntos da vila. A organización agoira un tempo axeitado para a celebración do evento deportivo: a previsión meteorolóxica augura unha xornada con sol e ventos frouxos de dirección variábel, o que podería primar ás tripulacións máis técnicas.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.