Aprobadas as dedicacións exclusivas e parciais en Rianxo

19 Xullo 2019

20190719. O Concello de Rianxo acolleu, ás 20.00 horas de onte, o pleno de organización no que se nomeou á socialista María del Carmen Figueira Ares, primeira tenente de alcalde, e ao nacionalista Tobías Betanzos Rego, segundo tenente. Tamén se aprobou a dedicación exclusiva do alcalde, Adolfo Muíños Sánchez, cunha retribución de 45.000 euros brutos anuais distribuídos en catorce pagas; a dedicación exclusiva da concelleira delegada de Urbanismo, ARI, Desenvolvemento Local, Comercio e Emprego, María del Carmen Figueira Ares, cun soldo de 39.000 euros brutos anuais; e as dedicacións parciais dos concelleiros delegados de Benestar Social, Igualdade e Diversidade, Hadriana Ordóñez Otero, de Deportes, Xusto Xosé Ordóñez Figueira, e de Educación e Normalización, Adelina Ces Quintáns, todos eles cunha paga de 13.000 euros brutos anuais.

Por outra banda, estableceuse a cantidade de 210 euros por asistencia a Xunta de Goberno Local, dos concelleiros membros desta, excepto que perciban dedicación exclusiva ou parcial; 100 euros por asistencia ás comisións informativas dos edís que non teñan dedicación exclusiva ou parcial; e 105 euros por asistencia aos plenos municipais dos concelleiros que non teñan dedicación exclusiva ou parcial.

Así mesmo, os grupos políticos municipais terán dereito a unha dotación económica de 100 euros mensuais, á que deberá engadírselle outra cantidade de 35 euros mensuais multiplicada polo número de membros que o integran.

Ademais, as comisións informativas estarán conformadas por 3 representantes do BNG, 2 do PSdeG-PSOE, 2 do PP, 1 de Rianxo en Común e 1 de Ciudadanos.

Finalmente, aprobouse a periodicidade mensual dos plenos, celebrándose o último xoves de cada mes agás agosto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.