Ratificada a incorporación da Policía de Rianxo ao sistema Vioxen para a loita contra a violencia machista

14 Xullo 2020

O Concello de Rianxo e a Subdelegación do Goberno da Coruña formalizaron a incorporación da Policía Local deste municipio da nosa comarca ao sistema Vioxen para a loita contra a violencia de xénero, segundo acordou a Xunta Local de Seguridade reunida baixo a presidencia do alcalde Adolfo Muiños e a subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo.

Segundo informaron, a Xunta Local de Seguridade aprobou o protocolo de convenio que logo será será asinado polo Concello co Ministerio de Interior para regular a presencia da Policía Local no sistema Vioxen. Ademais, este protocolo asinado inicialmente polo alcalde e a subdelegada será remitido ao Ministerio para “a súa validación e posterior sinatura” por parte do Director Xeral do Ministerio de Interior e facer efectiva desta maneira a participación de Rianxo neste operativo.

Detalles do sistema

O sistema Vioxen permitirá á Policía Local dispoñer de máis información sobre todos os casos activos de violencia machista, “de tal maneira que os propios policías locais pasan a asumir o seguimento e control dalgúns destes casos, xeralmente daqueles que sexan considerados de nivel de risco baixo ou leve, mentres que a Garda Civil encárgase do seguimento dos casos máis graves”, engadiron.

Este protocolo establécese trala creación da Mesa Local de Coordinación Policial na que están presentes a Policía Local e a Garda Civil e que ten como finalidade principal integrar esforzos na loita contra a devandita lacra da violencia.

Pilar López-Rioboo fixo saber a Adolfo Muíños o seu agradecemento “polo esforzo realizado no desenvolvemento das políticas de igualdade e de loita contra a violencia de xénero, tal como se evidencia nas medidas adoptadas e que culminarán coa incorporación da Policía Local ao sistema Vioxen”.

Unha redución do 14% da violencia en Rianxo

Amais dos devanditos detalles sobre Vioxen en Rianxo, os representantes das Forzas de Seguridade do Estado informaron da evolución estatística da seguridade cidadá no municipio. Segundo comunicaron, nos primeiros seis meses deste ano houbo unha redución do 14% nos delitos, “se ben esta porcentaxe ten que ser considerada dentro do excepcional estado de confinamento existente nos meses de marzo, abril e maio nas súas distintas fases do Estado de Alarma”.

En conclusión, a proxección do índice de criminalidade no concello neste ano 2020 sitúase en 17,94 delitos por cada mil habitantes, o que representa sete puntos inferior ao rexistrado en 2019, moi lonxe da media provincial, de 31,8 delitos por mil habitantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.