A mocidade do Son xa pode inscribirse no programa de lecer e creatividade estival Xuventude na Rúa

03 Xullo 2020

A partir deste venres 3 de xullo xa se poden facer as inscricións para participar na experiencia Xuventude na Rúa, impulsada polo Concello de Porto do Son para pór a disposición da mocidade local todo tipo de actividades creativas, de lecer e deportivas ao longo dos meses de verán (os venres de xullo e de agosto, dende o día 10 deste mes en curso). O programa inclúe obradoiros de graffiti, surf e fotografía, xincanas urbanas, xogos en equipo e rutas polo concello, entre outras cousas.

As actividades previstas son de balde e están destinadas a mozas e mozos de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos.

Quen precise máis información sobre Xuventude na Rúa pode contactar co Concello a través do teléfono 981 767 589, ou ben accedendo á web municipal onde se dá conta do programa e se achega a folla de inscricións.

Segundo explica o Concello, Xuventude na Rúa é unha iniciativa local para o fomento da participación xuvenil a través de obradoiros, xornadas deportivas e actividades lúdico-educativas. Trátase “dunha alternativa cultural e de ocio para os meses de verán” que busca “mellorar as habilidades creativas artísticas da xente nova, fomentar o traballo en equipo e o desenvolvemento de competencias relativas á autonomía e o compromiso, facilitando un espazo de participación social”.

Todas as accións programadas realizaranse de maneira preferencial ao aire libre, na contorna de Porto do Son, e atendendo á normativa e recomendacións publicadas en canto ás medidas hixiénicos sanitarias na actual situación da COVID19.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...