En Ribeira os maiores retoman os talleres da memoria

29 Xuño 2020

Os Servizos Sociais Comunitarios de Ribeira informan de que esta semana se van retomar os tradicionais obradoiros de memoria para maiores, se ben coa particularidade de que mentres as clases non se poidan celebrar
presencialmente vanse utilizar uns cadernos de exercicios coa fin de que os usuarios poidan seguir aprendendo nos seus fogares no obxectivo de estimular as súas mentes.
Así, un dos cadernos elaborados está destinado ás clases que imparte a psicóloga Ángeles Pazos nas parroquias de Ribeira, Palmeira e Carreira; mentres que o outro caderno é nas sesións que corren a cargo da psicóloga Nieves Sobrido, correspondentes ás parroquias de Aguiño, Corrubedo, Olveira, Oleiros, Artes e Castiñeiras.
De cada un dos cadernos realizáronse cen exemplares que serán entregados ao alumnado. Por suposto, as profesoras estarán dispoñibles para asesorar, orientar ou resolver calquera dúbida que poida xurdir.
Cómpre lembrar que os obradoiros de memoria (tamén chamados de estimulación cognitiva) forman parte do Programa de Dinamización Social e Cultural para as Persoas Maiores que coordina María José Carreira, incardinada dentro da Concellería de Servizos Sociais que dirixe Ana Ruiz.

 María José Carreira, Ana Ruiz e Ángeles Pazos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.