Atopan o corpo sen vida dunha persoa aboiando no mar en Cee

27 Novembro 2026

O cadáver foi localizado por un particular na tarde deste venres na zona do antigo estaleiro, na rúa da Mariña.

Os servizos de emerxencia rescataron na tarde deste venres, 27 de novembro, o corpo sen vida dunha persoa que apareceu aboiando no mar no municipio coruñés de Cee.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o suceso tivo lugar arredor das 17:30 horas. Foi un particular quen deu a voz de alarma tras avistar o cadáver nas inmediacións dunhas escaleiras, na contorna do antigo estaleiro situado na rúa da Mariña.

Tras recibir o aviso a través da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cee, desde a Sala de Operacións do 112 mobilizouse de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil.

Unha vez no punto, os efectivos desprazados lograron sacar á persoa da auga, pero os sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida, confirmando o seu falecemento no mesmo lugar.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...