Gómez Reino fai un chamamento na Pobra a prol do mar

23 Xuño 2020

O candidato do grupo En Común para a Presidencia de Galicia, Antón Gómez Reino, estivo este martes 23 na Pobra do Caramiñal, participando nun acto electoral coa cidadanía na compaña do alcalde Xosé Lois Piñeiro e máis do número dous da candidatura pola Coruña, Luca Chao. A cita na Pobra significou o inicio da xira de En Común pola xeografía galega. Unha das temáticas que centrou a visita de Gómez Reino foi o sector marítimo e a importancia de pór en marcha medidas eficaces para impulsalo, opostas ás actuais.

Neste senso, o candidato aproveitou a estadía na Pobra para facer un chamamento á poboación do Barbanza para que aposte polo mar, un dos grandes piares históricos da nosa economía e, tamén, un dos sectores con máis futuro. Entroncando con isto, Gómez Reino puxo enriba da mesa algúns dos puntos estrela do seu programa electoral. Por exemplo, achegar un plan integral de saneamento das rías que optimice ao máximo as augas das áreas de marisqueo ao tempo que se incrementan as contornas de explotación e se fai medrar a cifra de permisos.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.