O accidente tivo lugar na estrada PO-548, arredor do kilómetro 12, ao seu paso pola parroquia de Abalo.
Un particular contactou co 112 Galicia ás 13:55 horas para informar do sinistro. Minutos despois, alertou de que podería haber unha persoa atrapada no interior dun dos turismos implicados.
De inmediato, desde o 112 Galicia informáronse aos Bombeiros do Salnés, ao GES de Padrón, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil. Tamén se informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaron que no accidente se viran implicados tres vehículos. Como consecuencia do impacto, dúas persoas resultaron feridas, unha delas tivo que ser excarcerada polos bombeiros do interior dun dos turismos.






