O venres 27 de novembro temos en Boiro un espectáculo de teatro familiar. Trátase de Outras bolboretas, de Sole Felloza, unha cita para público infantil e familiar. Será ás 20.00 horas no Centro Social Abanqueiro.
Outras Bolboretas. Contos pola igualdade e contra as violencias machistas é un espectáculo que mestura monólogo, narración oral, humor e poesía.
Na voz da contadora e escritora Sole Felloza, as historias de nenas e mulleres que se atreven a voar convértense en contos de liberdade: princesas que se coroan soas, mantas voadoras, leóns non tan feroces e recordos gardados nun baúl.
Bolboretas fala da forza de quen soña, da memoria das mulleres e dun mundo posíbel, sen violencia e con igualdade.





