“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

24 Novembro 2026

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.
Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden.

El Progreso

Lembras, Alfredo, – lembrabas, e máis agora que estás no lugar da luz suprema – que en 1967, Delegado de Información e Turismo, nos xuntaches a todos os funcionarios no despacho, para preguntarnos que opinábamos do teu slogan: “E para comer, Lugo”?. Todos estivemos de acordo en que soaba ben, que ía funcionar. A ti, con razón, entusiasmábache.

E funcionou, contaxiou á hostelería, a todo Lugo, e coa Asociación de hosteleiros, presidida por Manolo Granxeiro, organizáronse xornadas gastronómicas, mercados, conferencias, degustacións… O slogan deu a volta a España e moito máis; en Ávila téñenme loubado a carne de Lugo, e nas Canarias ou Madrid as nosas excelencias gastronómicas.
Lembrarás que numerosos lucenses viaxamos a Turquia en 2009 en viaxe da Asociación de Amigos do Camiño, e visitamos o gran Bazar de Estambul. Nestes lugares os comerciantes adoitan preguntar: “de onde son?”; e ao dicir: De España; de Lugo!”, o turco respondeu entusiasmado: “Y para comer, Lugo”. Tamén te entusiasmache, cando cho contei.

Só con esta acción, o inxenio de Sánchez Carro estaría colocado nun lugar de honra. Pero só é unha mostra de imaxinación, traballo e entusiasmo deste amigo que hoxe despedimos.

Naqueles anos 60, había que axudar a Portomarín onde un embalse anegara o histórico fito do Camiño, ameazando a vida do pobo que tivo que cambiar de asentamento. A Alfredo se debe a Orde Serenísima da Augardente, que cada domingo de Pascua concita milleiros de persoas arredor do mais senlleiro produto do pobo. E a el se deben os Domingos Folclóricos dos veráns. Por iso, desde hai varias décadas, Portomarín posúe a “Rúa de Alfredo Sánchez Carro”.

Dedicou libros a Vilalba-Terra Cha e aos Ancares, á Mariña ou á Ribeira Sacra. Foi o Señor dos Ancares, no máis amplo sentido señorial da palabra, e impulsou o coñecemento e o desenvolvemento daquela nosa Serra maior, paraiso natural.

Pero debo subliñar a súa querencia pola Muralla. Seu é o slogan “En Murallas, China e Lugo”. Parecía unha desmesura, unha hipérbole, pero a publicidade é hiperbólica por natureza, e non debia estar moi equivocado, xa que o ano 2007, no San Froilán, o embaixador chino Qiu Xiao qi, o alcalde de Lugo Xosé Lopez Orozco, e o embaixador especial español en China Pablo Bravo Lorano, asinaron o irmandamento das dúas murallas: A Muralla romana de Lugo, irmá da Grande Muralla chinesa!.

E para acrecentar o coñecemento dos lucenses pola muralla, rescatou o concepto “Revista oral”, con “Ronda”, onde se falaba da Muralla viva que a todos pertence.

Na familia (Marisa, a súa outra metade, que se nos foi hai tempo; os fillos, os netos, os cinco bisnetos…), no ensino, na política, na vida… era garimoso, imaxinativo, contundente, tenaz. E as súas iniciativas estaban destinadas a perdurar no tempo e no espazo, rescatar espazos e conceptos, dar vida a ideas e persoas. Adeus, Alfredo, amigo!

Descanse en Paz quen tivo a Lugo e os lucenses no primeiro plano da súa visión, e sempre foi amigo servizal de todos nós.

(Palabras de Xulio Xiz no funeral celebrado na Parroquia de San Froilán de Lugo, o 23 de novembro de 2026, na honra de Alfredo Sánchez Carro, mestre, xornalista, escritor, político, impulsor do Turismo e da Natureza lucenses).

Outros artigos

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...