Boiro recupera este martes os postos de téxtil, calzado e complementos no mercadiño semanal

22 Xuño 2020

O Concello de Boiro recupera esta semana os postos de téxtil, calzado e complementos no mercadiño semanal que se celebra cada martes na Avenida da Constitución. Ata o de agora, e seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias, so se estaban instalando os postos de alimentación e cumprindo coas medidas de seguridade esixidas. 

Durante o Estado de Alarma, os mercadiños ambulantes quedaron suspendidos e coas fases do Plan de transición cara a nova normalidade fóronse restablecendo con limitacións de aforo e prioridade dos postos de alimentación. En Boiro xa se estaba celebrando so cos sectores de alimentos e plantas, pero este martes volven a instalarse no mercadiño os postos de todos os sectores.

Coa nova normalidade volven os postos de téxtil, calzado e complementos que ata o de agora non se estaban instalando. O mercadiño vaise montar con todas as medidas de hixiene, seguridade, separación e control establecidas polas autoridades sanitarias. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.