
O Auditorio Municipal de Rianxo va dar acubillo este sábado 21 de novembro á representación de Vicenta Lorca, da Compañía de Danza Óscar Cobos. Dará comezo ás 20.30 horas e enmárcase no programa Outono das Artes da Deputación da Coruña.
Trátase dunha función para todos os públicos dunha hora de duración. Será de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).
Vicente Lorca é en palabras da compañía “un poema vivo” cunha actriz que encarna a Vicenta, un bailarín que percorre a vida de Federico dende o neno ata o home, e un pianista que é o pulso, o alento. Tres corpos no escenario. Tres linguaxes en diálogo: música, xesto e palabra. É unha viaxe onírica, chea de imaxes poderosas: nacemento, educación, risas, perda, morte. Non está narrada con lóxica lineal, senón con símbolos que golpean directamente o corazón. Porque estamos a falar de algo universal: a mirada dunha nai sobre a vida e a morte do seu fillo.
Vicenta Lorca é unha obra de teatro, danza e música deseñada para tres intérpretes que, cada un no seu papel, mostran un Federico a través dos ollos da súa nai, Vicenta.



