Ribeira contará con 10 novos radares pedagóxicos tralo proceso de adxudicación

17 Novembro 2026

Co obxectivo de mellorar a seguridade viaria na calzada e a protección dos usuarios máis vulnerábeis da vía pública, Ribeira contará con 10 novos radares pedagóxicos despois de que o Concello adxudicase o contrato de subministro a Proyectos Integrales de Balizamiento, S.L. por importe de 23.737,26 euros, IVE incluído.

Estes radares pedagóxicos son de carácter “informativo e preventivo”, explicou o Concello, engadindo que “amosan en tempo real a velocidade á que circulan os vehículos, favorecendo a autorregulación do comportamento dos condutores sen finalidade sancionadora”. A súa eficacia xa se evidenciou nos colocados na avenida da Coruña, confirmaron dende o Goberno local, engadindo que ao ser equipamentos alimentados co sol, trátase dunha medida que segue os principios da eficiencia enerxética, a sustentabilidade ambiental e a redución dos custes de explotación. O prazo para o subministro dos mesmos será de catro semanas unha vez formalizado o contrato e logo será o Concello quen se encargue da súa colocación.

Outros artigos

O Parque Natural de Corrubedo presenta a folla de roteiro para 2027

Este martes 17 de novembro celebrouse a reunión da xunta reitora do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, na que se abordaron as accións desenvolvidas neste espazo natural en 2026 e as previsións para o próximo ano. Na xuntanza de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tres mestres” – Xulio Xiz

“Tres mestres” – Xulio Xiz

Moitas veces teño pensado na vida que terei perdido por non ser mestre, como era a miña intención cando en Vilalba estudaba a única carreira posible, como non fose acudir ao Seminario. Levoume o vento cara á cultura e a información, e non me pesa, aínda que teño...

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

¿Quiénes son los facistas? Fascistas son los que te impiden hablar, los que te tiran piedras y golpean para callarte. Fascistas son lo que pintarrajean las facultades universitarias, cuna del pensamiento, libertades y boicoteen el derecho a tu libre expresión,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.