O Concello de Boiro conmemora o 25N mediante o lema Un momento en movemento

17 Novembro 2026

O Concello de Boiro conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia conta as Mulleres baixo o lema Un momento en movemento para facer unha chamada á implicación permanente de toda a sociedade fronte ás violencias machistas. O acto central será o 25 de novembro ás 12.00 horas na Casa Consistorial, que se complementa coas distintas actividades que se desenvolven durante todo o mes.

O acto central do día 25 vai combinar a lectura dun manifesto colectivo con tres voces de distintas xeracións e experiencias. Participarán na lectura do manifesto o alumnado Secundaria, mulleres adultas do Centro de Día e unha persoa que viviu a violencia de xénero en primeira persoa.

O acto estará acompañado pola actuación da pianista local Elsa Muñiz, que interpretará distintas pezas para piano nunha proposta que combinará microrelatos e caligramas. “Esta experiencia pretende conectar coa sensibilidade das persoas asistentes e trasladar unha mensaxe de esperanza, fortaleza e capacidade de reconstruírse”, informaron dende o Concello.

Este acto central complementase coas distintas actividades que dende o Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro se veñen desenvolvendo ao longo de todo o mes como o obradoiro de defensa persoal ou o coloquio As tolas que non o eran, a cargo da escritora Carmen V. Valiña. Tamén se inclúe un obradoiro sobre alimentación e benestar hormonal e a representación teatral As formas do amor (o 21 de novembro no Centro Social de Abanqueiro).

O lema deste ano, 25N. Un momento en movemento, busca transmitir que a loita conta as violencias machistas non se pode limitar a unha data concreta, “senón que require dunha revisión constante, unha actitude activa e un compromiso permanente por parte do conxunto da sociedade”, informou o Concello, que segue adherido á campaña De Fronte, da Deputación da Coruña, e que este ano pon o foco no sistema proinstitucional e nas desigualdades sociais, económicas e culturais que o sosteñen. Unha realidade atravesada pola desigualdade de xénero, a pobreza, o racismo, a precariedade e outras formas de discriminación que afectan especialmente ás mulleres migrantes, racializadas e trans.

Outros artigos

O Parque Natural de Corrubedo presenta a folla de roteiro para 2027

Este martes 17 de novembro celebrouse a reunión da xunta reitora do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, na que se abordaron as accións desenvolvidas neste espazo natural en 2026 e as previsións para o próximo ano. Na xuntanza de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tres mestres” – Xulio Xiz

“Tres mestres” – Xulio Xiz

Moitas veces teño pensado na vida que terei perdido por non ser mestre, como era a miña intención cando en Vilalba estudaba a única carreira posible, como non fose acudir ao Seminario. Levoume o vento cara á cultura e a información, e non me pesa, aínda que teño...

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

¿Quiénes son los facistas? Fascistas son los que te impiden hablar, los que te tiran piedras y golpean para callarte. Fascistas son lo que pintarrajean las facultades universitarias, cuna del pensamiento, libertades y boicoteen el derecho a tu libre expresión,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.