As redeiras de Galicia presentan en Porto do Son a súa folla de ruta para mellorar o futuro do sector

14 Novembro 2026

A Xunta destaca en Porto do Son o labor das redeiras galegas na posta en marcha da súa estratexia de dinamización. O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou na presentación oficial dun documento deseñado para avaliar a realidade do sector e impulsar medidas que garantan o seu futuro.

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou este sábado en Porto do Son na presentación oficial da Estratexia de dinamización das redeiras de Galicia, un acto no que quixo agradecer expresamente o empeño e o esforzo da asociación autonómica do colectivo para sacar adiante esta folla de ruta.

O documento nace co propósito de realizar un diagnóstico detallado da situación actual destas profesionais do mar e articular diversas liñas de actuación que contribúan a mellorar as súas condicións e reforzar a súa proxección de futuro.

Durante a súa intervención, o representante autonómico puxo en valor este proxecto como un exemplo do compromiso do tecido asociativo galego coa igualdade de xénero e a promoción do talento feminino. Así mesmo, Roberto Barba subliñou a importancia de manter a colaboración interinstitucional para continuar apoiando e impulsando iniciativas que fortalezan o papel das mulleres nos sectores estratéxicos de Galicia.

Redeiras do SON RR,SS.

Outros artigos

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

Fóra da casa tronaba e os tronos escoitábanse nos cuartos, na cociña e no escritorio. No curral e nascortes do gando, moito máis, metían medo. O son dos tronos entraba na casa polo teito e polasventás de madeira, polas regañas das portas, polos ouvidos da xente e polo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

No arranque oficial da campaña electoral deste ano, as dereitas, dereitas extremas e  variadas esquerdas e partidos nacionalistas da España de 2026 teñen chegado -por distintos vieiros- á mesma conclusión: "Ou gañamos ou acabouse".  Este "aviso" parte dos "populares"....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.