Brais das Hortas estará este domingo en Queiruga co seu Consertasso na horta

14 Novembro 2026

Esta fin de semana prosegue cunha nova actuación para a rapazada a terceira edición do Ciclo Cultural Infantil Itinerante do Porto do Son. Farao da man do músico galego Brais das Hortas, este domingo 15 de novembro ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Queiruga. Alí Brais das Hortas ofrecerá a nenas e nenos (e maiores) o seu espectáculo Consertasso na Horta.

Consertasso na Horta é un espectáculo musical e (tamén) o título dun álbum de Brais das Hortas para público infantil e familiar, no que se mestura música en directo, teatro e humor arredor do mundo da horta.

Combina cancións pegadizas, contos e interacción co público infantil, con instrumentos e elementos propios da horta. A ficha completa pódese consultar na páxina da distribuidora Charlatana. Inclúe cancións coñecidas do seu repertorio como Kiwis, SachoZumba, Ritmo Caracol, Distorsión a Canón ou Pulgha de Liméns.

Brais das Hortas (nome artístico de Brais Gutiérrez) é un músico, narrador oral e clown galego con máis de 25 anos de traxectoria nos escenarios, coñecido polos seus espectáculos familiares e musicais en lingua galega.

Organiza o Concello do Porto do Son coa colaboración da Rede de Cultura da Deputación da Coruña.

Máis espectáculos do II Ciclo Cultural Infantil Itinerante

· 22 de novembro

A Casa da Cultura de Portosín acollerá ao Teatro Ghazafelhos. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 29 de novembro

A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá a sesión Dedín, dedín, dedal. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

No arranque oficial da campaña electoral deste ano, as dereitas, dereitas extremas e  variadas esquerdas e partidos nacionalistas da España de 2026 teñen chegado -por distintos vieiros- á mesma conclusión: "Ou gañamos ou acabouse".  Este "aviso" parte dos "populares"....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.