Comisados 105 quilos de berberecho extraído de forma ilegal do Parque Natural de Corrubedo

14 Novembro 2026

Axentes ambientais da Unidade de investigación de conservación da natureza (UICON), dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, comisaron 105 kg de berberechos extraídos de forma ilegal no Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.

Os axentes realizaron operativos antifurtivismo nas madrugadas do 16 e do 30 de outubro, contando tamén coa participación dun garda de recursos naturais do parque natural.

Os operativos consistiron nunha vixilancia continua con visores térmicos na que se comprobou a actuación de 6 furtivos extraendo de xeito ilegal berberechos dentro do parque. Unha vez detectada esta actividade ilegal, estes berberechos foron incautados e devoltos ao medio, xa que se atopaban en boas condicións.

Os axentes da UICON seguen a realizar operativos antifurtivismo por toda Galicia, dado que se trata dunha unidade móbil de intervención inmediata con competencias en toda a comunidade.

A actuación enmárcase no plan operativo anual da UICON, unha brigada móbil integrada por oito axentes cunha alta capacitación técnica que puxo en marcha a Xunta este ano para “abordar materias que, pola súa complexidade e carga de traballo, requiren de especial dedicación, coñecementos específicos e habilidades e competencias particulares, así como dunha coordinación e estratexia única en todo o territorio galego”, informou a Consellería.

Así, a Lei do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia prohibe a extracción de recursos naturais en espazos naturais protexidos sen autorización, polo que os autores destas infraccións foron identificados e cunha acta de denuncia por infrinxir esta lei.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

No arranque oficial da campaña electoral deste ano, as dereitas, dereitas extremas e  variadas esquerdas e partidos nacionalistas da España de 2026 teñen chegado -por distintos vieiros- á mesma conclusión: "Ou gañamos ou acabouse".  Este "aviso" parte dos "populares"....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.