Mar e as academias náuticas de recreo traballan na simplificación de trámites

04 Novembro 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse con representantes da Asociación Galega de Empresas de Ensinanza Náutica de Recreo (AGEENAR), que agrupa a gran parte das academias, para abordar distintas cuestións relacionadas coa organización das probas de obtención das titulacións náuticas de recreo e explorar vías de colaboración entre a Administración Autonómica, as escolas oficiais náutico-pesqueiras dependentes da Consellería do Mar e as academias privadas.

Durante o encontro, celebrado na sede da Dirección Xeral, as partes analizaron posíbeis medidas de simplificación administrativa destinadas a facilitar os trámites de inscrición e matrícula do alumnado, así como a xestión dos procedementos asociados ás probas escritas de titulación. Neste sentido, abordouse a mellora do sistema informático que permita axilizar estas tarefas e avanzar cara a unha tramitación máis sinxela e eficiente.

Outro dos asuntos tratados foi a planificación dos exames de cara a 2027, a partir das propostas trasladadas pola asociación. Neste ámbito, abordouse a necesidade de manter canles de diálogo fluídas e unha coordinación permanente entre a Dirección Xeral, as escolas oficiais e as academias de ensinanza náutica de recreo, co obxectivo de favorecer o intercambio de experiencias e mellorar a organización das probas e a xestión administrativa, procurando ofrecer un servizo adecuado ás necesidades do alumnado.

Neste contexto, tamén se puxo en valor o papel das escolas oficiais náutico-pesqueiras de Ferrol, Ribeira e Vigo na realización das probas de titulación náutica de recreo. Entre elas atópase o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico, en Vigo, recoñecido como Centro de Referencia Nacional de Pesca e Navegación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

En 1983 as persoas que circulaban polas tres estradas que converxían na vila de Redondela sorprendéronse un día coa aparición duns paneis de grandes dimensións colocados nas beiraestradas dándollela benvida aos viaxeiros nos catro idiomas cooficiais do Estado...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.