“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

04 Novembro 2026

En 1983 as persoas que circulaban polas tres estradas que converxían na vila de Redondela sorprendéronse un día coa aparición duns paneis de grandes dimensións colocados nas beiraestradas dándollela benvida aos viaxeiros nos catro idiomas cooficiais do Estado (Benvidos, Benvinguts, Ongi etorri, Bienvenídos). Foi unha iniciativa inédita, sen precedentes na historia, fundamentada no art. 2ª da Constitución española que recoñece “a riqueza das distintas modalidade lingüísticas de España como un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección”. A interpretación acertada deste precepto legal nos seus xustos termos motivou a decisión de colocar ditos carteis.

Aqueles soportes tiñan unha finalidade pedagóxica: que a cidadanía fose consciente desa riqueza. Só unha pequena porcentaxe de galegos que emigraron a Euskadi (75.000) ou a Catalunya (150.000) estaban familiarizados cos idiomas dos países de acollida. Ao tempo, en Galicia vivían a 8.000 vascos e 6.114 cataláns, segundo as estatísticas oficiais. De moitos deles recibimos emocionados parabéns pola iniciativa cando voltaban de vacacións e vían os soportes publicitarios. Moitos medios de comunicación, galegos e do resto do Estado louvaron a iniciativa.

Cando lle propuxen ao Alcalde os meus argumentos para a colocación deses paneis veu na orixinalidade unha oportunidade para demostrarlles aos españois que nos visitaban a nosa visión dunha realidade plurilingüe.Foi así como desde Galicia o exercicio da demanda dun Estado plurilingüe recaeu naquel entón no concello redondelán. A tarefa non era doada, pero eu sempre fun partidario de afrontar as dificultades co optimismo da vontade para afondar nas grandes transformacións. Mentres. outros concellos amosaban indiferenza ou receos ás nosas propostas. Redondela foi un referente, dentro e fóra das nosas fronteiras, na defensa da lingua galega e do plurilingüísmo do Estado. Galicia foi avangarda na transformación dos usos lingüísticos aos que logo aludiremos cando nos refiramos a un Real Decreto do ano 2025.

Durante moitos anos insistimos na necesaria galeguización do Estado en Galicia, mediante a aceptación da utilización da lingua galega polos órganos da Administración periférica e empresas públicas, seguindo as orientacións da xurisprudencia do Tribunal Constitucional. Foron moitas as conquistas acadadas, que non imos enumerar aquí por falta de espazo. Por poñer un exemplo, o presidente da empresa pública denominada no tempo CTNE (Compañía Telefónica Nacional de España), Luis Solana, aceptando a nosa proposta galeguizadora, ordenou editar as chamadas Guías Telefónicas en galego e castelán, respectando a nosa toponimia nas publicacións anuais. Gardo a carta asinada por el amosando a conformidade ao tempo que nos parabenizaba a proposta. Grazas a estas conquistas cataláns e vascos tamén resultaron beneficiados porque tamén foron editadas nos seus respectivos idiomas.

Co mesmo afán conseguiuse que outros ministerios empezasen a utilizar o galego nalgunhas publicacións, e, unha vez máis, de rebote, beneficiouse o catalán e o euskera. Había que demostrar que Galicia podía ser adiantada na declaración do plurilingüismo do Estado. Conseguimos abandeirar con imaxinación a causa do prestixio social da lingua galega. O balance está cheo de éxitos. O importante son as propostas elaboradas con grandes doses imaxinativas, como nos últimos anos fai a Irmandade Xurídica Galega, conseguindo a galeguización dos programas informáticos utilizados polos Xulgados.

Hoxe,pasados moitos anos, o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, a través dun Real Decreto de setembro de 2025, declarou que o Estado español é plurilingüe creando órganos de execución e planificación para consolidar a mudanza dos usos lingüísticos.

Pensei na utilidade que pode ter o relato deste proceso para axudar a crear na sociedade galega unha nova mentalidade a través do emprego de formas enxeñosas para afortalar e consolidar a nosa identidade.

Xosé González Martínez é presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

+

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

+

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.