Ribeira incorporará un poboado de Nadal na praza do Concello

02 Novembro 2026

Un poboado de Nadal será unha das novidades para esta época proxectada dende o Concello de Ribeira co obxectivo de dinamizar as festas e dispor de máis actividades para a rapazada. Esta nova acción asentarase na praza do Concello durante o presente ano, con posibilidade de prórroga para o 2027/2028.

O servizo consta dun carrusel, unha noria infantil, un tren sobre raís, catro casetas, unha máquina de castañas de estética tradicional, ambientación musical, catro máquinas de neve artificial, moqueta vermella e decoración propias destas datas no perímetro; todo isto atendido por monitorado.

O orzamento da licitación é de 55.425,04 euros, IVE incluído, para a presente anualidade. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata as 23.59 horas do 16 de novembro a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.