Continúa a aprendizaxe práctica do Obradoiro de Emprego Tahume XI con novas intervencións en Ribeira e O Porto do Son

31 Outubro 2026

O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume XI segue formándose no ámbito forestal e de carpintaría e aplicando os seus coñecementos en varios puntos dos municipios de Ribeira e O Porto do Son.

Na especialidade de forestal atópanse afondando na técnica do resinado nos montes de Baroña, onde xa levan varias semanas aprendendo e poñendo en práctica técnicas tradicionais vinculadas á xestión e ao aproveitamento dos recursos forestais; todo isto coa colaboración da comunidade de montes do lugar.

En canto a carpintaría, avanzan na reparación da pasarela do madeira do Carreiro, na parroquia de Aguiño. Esta intervención estará completada en vindeiras datas para o desfrute por parte dos veciños e veciñas.

Con relación a todo isto, a concelleira ribeirense de Promoción, Económica, Carmen Pérez, declara que “as persoas participantes neste obradoiro de emprego continúa formándose para mellorar a súas opcións de empregabilidade en dous nichos de mercado que demandan traballadores. E os coñecementos adquiridos nas clases lévanse á práctica en espazos públicos, polo que ten un impacto positivo no conxunto da sociedade”.

Formación teórica e práctica

Este programa botou a andar no pasado mes de xuño cun total de 20 persoas participantes e combina formación teórica e práctica. O obxectivo é a mellora da empregabilidade das persoas dos concellos de Ribeira e O Porto do Son, onde o alumnado recibe formación no ámbito profesional de forestal e de produción de carpintería e moble. Durante nove meses asisten ás especialidades de Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble; Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais; Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes; e Traballos de carpintería e moble.

A maiores da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibe formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras.

O dito obradoiro conta co apoio da Consellería de Emprego Comercio e Emigración, que aporta unha achega de 546.552 euros para esta iniciativa de emprego

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.