Detidos catro menores pola súa implicación nunha pelexa con feridos por arma branca nas festas de Conxo

30 Outubro 2026

Os feitos aconteceron o pasado mes de setembro durante as Festas da Mercé no barrio compostelán.

Axentes da Policía Nacional adscritos á Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) de Santiago de Compostela detiveron catro menores de idade pola súa presunta implicación nunha violenta liorta ocorrida o pasado mes de setembro, no marco das celebracións das Festas da Mercé no barrio de Conxo.

Segundo informaron fontes policiais, durante os festexos un mozo resultou agredido por varias persoas, sufrindo lesións de diversa gravidade, entre as que se inclúen feridas provocadas por arma branca.

As pescudas desenvolvidas polos axentes da UDEV permitiron identificar os catro supostos agresores, todos eles menores de idade, que xa foron postos baixo custodia policial. Ás catro persoas detidas impútanselles delitos de lesións, ameazas e rifa tumultuaria. As dilixencias policiais foron remitidas á Fiscalía de Menores da Coruña.

A Comisaría de Santiago destacou que este operativo forma parte do traballo continuo de esclarecemento de delitos que desenvolve o Grupo de Delincuencia Especializada e Violenta, orientado a garantir a seguridade cidadá e previr episodios violentos tanto na vía pública como en eventos con grande afluencia de público.

Outros artigos

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.