O Pleno de Rois aproba destinar a gasto corrente os 249.000 euros do POS+ adicional e gardou un minuto de silencio antes do pleno

29 Outubro 2026
  • Créase a praza laboral temporal de encargado da brigada de obras e servizos e amortízase unha de xardineiro
  • O acceso ao ximnasio municipal pasa a custar entre 30 e 50 euros o carné individual, e entre 50 e 90 euros o familiar
Minuto de silencio antes do Pleno de Rois polas vitimas dos trens en Toledo

A Corporación municipal de Rois acordou, na sesión plenaria extraordinaria celebrada hoxe, destinar integramente a gasto corrente os 249.199,60 euros correspondentes ao plan POS+ Adicional 4/2026. A medida saíu adiante grazas aos seis votos a favor do equipo de goberno (PP) e a abstención dos grupos da oposición (dous do PSdeG e un do BNG). Antes de iniciar o debate plenario, membros da Corporación, persoal municipal e veciñanza gardaron un minuto de silencio ás portas da casa consistorial en memoria das vítimas do recente accidente ferroviario de Toledo.

Xunto á asignación dos fondos provinciais, a sesión abordou cambios organizativos na plantilla municipal. O Pleno deu luz verde á modificación do anexo do cadro de persoal do orzamento de 2026 para crear o posto laboral temporal de encargado da brigada municipal de obras e servizos. Esta praza vén substituír a unha vacante na brigada de xardinería tras a xubilación do seu titular, polo que este último posto queda amortizado. O punto contou co respaldo do grupo de goberno e a abstención de BNG e PSdeG, formación esta última que xa anunciou a presentación dun recurso contra a decisión.

No eido deportivo, a Corporación aprobou a modificación da ordenanza reguladora do prezo público polo uso dos polideportivos municipais para fixar as novas tarifas do ximnasio. O servizo estrutúrase a partir de agora en dúas modalidades de abono: carné individual e carné familiar, que poderán contratarse para a temporada completa (de outubro a setembro) ou para media temporada (de abril a setembro).

Os prezos definitivos quedan establecidos en 50 euros para a temporada enteira e 30 euros para a media temporada no caso do abono individual, mentres que o carné familiar custará 90 euros polo período completo e 50 euros polo semestre estival. Este axuste tarifario saíu adiante cos votos favorables do PP e do PSdeG, mentres que o BNG optou pola abstención.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.