O vindeiro sábado día 31 de novembro de 2025, celebrarase a XII Carreira popular Concello de Rianxo, que descorrerá polo centro urbano e zona portuaria.
Coa finalidade de garantir a seguridade dos participantes, a Policía Local procederá a cortar o tráfico en todo o percorrido, nas horas de seguido sinaladas.
Entre as 16:00 e as 19:30 horas cortarase o tráfico polas rúas comprendidas entre o cruce da praza Castelao e a rotonda do porto, afectando a todo o Paseo da Ribeira e de Manuel Antonio, paseos interiores dos xardíns e centro histórico.
Entre as 17:15 e as 19:30 horas, aproximadamente, o corte de tráfico amplíase ás rúas de Rinlo, Autores da Rianxeira, toda a zona portuaria, Castelo, a estrada de Tanxil (zona baixa), e todo o centro histórico.
Entre as 16:00 e as 19:30 os autobuses realizarán a parada na rúa Xosé Arcos Moldes (Inmediacións do Bar Lar e do Colexio Castelao).
A Policía Local prega a colaboración da veciñanza, para que “se ten previsto a utilización dos vehículos nas franxas horarias sinaladas, os retire dos lugares afectados con antelación suficiente para evitar contratempos e esperas innecesarias”.




