Peñas Boiro AC celebra o vindeiro 7 de novembro a II cea solidaria en beneficio de BarbanTEA

29 Outubro 2026

A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación da II cea solidaria peñeira xunto con David Laíño, presidente de Peñas Boiro AC, e Patricia Halcón, presidenta da entidade solidaria e inclusiva BarbanTEA.

A cita solidaria, organizada por Peñas Boiro AC, terá lugar o 7 de novembro ás 22.00 horas no Restaurante Chicolino e a recadación será destinada á asociación de trastornos do espectro autista do Barbanza, BarbanTEA.

O prezo da cea será de 50 euros dos cales 5 serán doados integramente a BarbanTEA, xunto co recadado da venta de rifas para os sorteos presenciais de agasallos doados polo comercio e a hostalaría de Boiro.

“O ano pasado foi un éxito, tivemos mais de 200 inscritos, e este ano esperamos manter esa cifra e recadar o máximo posible para BarbanTEA”, afirmou David Laíño.

BarbanTEA é unha asociación de recente creación formada por familias con fillos e fillas autistas de diferentes graos que serve como punto de información e tamén de formación ás familias con un diagnóstico de TEA ou autismo. “Todo o recadado nesta e outras vai destinado ás actividades que realizamos de información e terapias para as familias”, recoñeceu Patricia Halcón.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, agradeceu a implicación de Peñas Boiro AC realizando “actividades solidarias que axudan a outras entidades do municipio” e convidou á veciñanza a sumarse “a esta cita lúdica e solidaria en beneficio dunha entidade que fai un gran traballo desinteresado polas familias da nosa comarca”.

Outros artigos

Concentración no Consistorio da Pobra en memoria das vítimas de Urda

A contorna da Casa Consistorial da Pobra acolleu este xoves 29 ao mediodía a celebración dun minuto de silencio gardado en memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario ocorrido en Urda (Toledo). O Concello da Pobra do Caramiñal expresou o seu máis profundo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.