Máis de 800 persoas participan na tradicional comida de homenaxe aos maiores de Outes

24 Outubro 2026

A veciñanza de máis de 65 anos compartiu unha xornada de confraternidade no polideportivo municipal amenizada polo grupo Élite

Os maiores do concello de Outes foron os grandes protagonistas desta xornada de sábado coa celebración da súa festa anual, un evento organizado polo Concello para render homenaxe á veciñanza de máis de 65 anos e que reuniu a máis de 800 persoas.

Os actos deron comezo cunha misa oficiada conxuntamente polos párrocos Roberto e Johan. A continuación, a comitiva trasladouse ata as instalacións do polideportivo municipal, espazo onde tivo lugar o concorrido xantar de confraternidade. A animación musical do encontro correu a cargo do grupo Élite, que puxo a nota festiva a un día deseñado especificamente para fomentar o reencontro, o lecer e o intercambio de lembranzas e anécdotas compartidas entre veciños de distintas parroquias.

Desde o Concello de Outes quixeron agradecer publicamente a «alta participación da veciñanza neste encontro, que pretende ser un recoñecemento público a unha vida de esforzo e traballo á veciñanza da vila que forman parte da memoria e da historia da nosa vila». Coa consolidación desta cita, o goberno local cumpre un ano máis o obxectivo de ofrecer un espazo comunitario de convivencia e agradecemento a toda unha xeración.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.